O CADETE MASCULINO DO FISOBER PON FIN A TEMPADA DA BASE CUNHA DERROTA “IN EXTREMIS” ANTE O CAMPIÓN HÉRCULES FS.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Poñía fin a tempada o Fisober e o último equipo que quedaba en competición era o cadete masculino que lle vendeu moi cara a súa pel ao actual campión, que foi quen de dobregalo a falla de tan só dous segundos.

De todas formas gran tempada dos equipos de base do Fisober que acadaron a salvación nas diferentes ligas galegas.

Na Liga Galega Cadete Norte Masculina e dentro da 30ª e última xornada de liga o Fisober visitaba ao campión o AJ Pombo Hércules FS co resultado de 2-1 a prol dos locais.

Polo Fisober formaron: Brais, Leo, Javi, Álex, Adan; Tamén xogaron : Eloy Sambad, David.

O gol costeiro foi obra de Eloy Sambad.

Os colexiados David Kumor, Berta García.

Fin da tempada para os equipos do Fisober.

Agradecemos a todos os que nos seguistedes esta tempada e contamos con vos para a próxima.

Seguiremos informando das novidades que vaian acaecendo.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies