O CADETE DO FISOBER DERROTA POR 4-3 AO C. LICEO NO ÚNICO ENCONTRO DAS CATEGORÍAS INFERIORES FISOBERISTAS.

INFERIORES FISOBER

 

Fin de semana no que só competía o cadete masculino pero no que recibimos a boa nova de dúas convocatorias para a selección galega alevín femenina.

Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte xornada 17 recibía ao cuarto clasificado o C. Liceo, que estaba a un punto dos costeiros, en partido xogado na tarde do domingo nas ID de O Conco en Dumbría con resultado de catro a tres a prol dos costeiros.

 

 

Polo Fisober formaron: David, Juan Emilio, Pablo Costa, Álex, Javi; tamén xogaron: Brais, Mario, Arturo, Iago Larrañaga, Pablo Taboada, Adrián, Iago Insua.
Os goles costeiros foron obra de : Javi, Pablo Costa e Adrián e un en propia porta.
Os colexiados foron : Pedro Riveira e Vanesa Varela.

A vindeira semana o Fisober visita As Pontes para xogar fronte ao Los Tres Monos Lago DVsport.
A boa nova era que na tarde de hoxe luns día 6 a partires das 17:30 horas as xogadoras alevíns Carlota Pazos e Claudia Otero foron convocadas pola seleccionadora Pili Costa para un adestramento da Selección Galega Alevín Feminina de fútbol sala a celebrar no PM O Forte de Boqueixón.

 

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies