O Cabana levouse un traballado trunfo dobre.
O Cabana SD é o equipo que acompañará ao SD Sofán, SCDR Esteirana e UC Cee a Fase de Ascenso a Galega, como representantes da costa. Os cabaneses xogábanse a única praza que quedaba co Xallas FC, precisaban os das Redondas vencer, ou facer o mesmo cos xalleiros para estar na promoción, xa que os de Cabana de Bergantiños tiñan mellor golaveraxe particular. Un único gol de Hugo aos 79 minutos de xogo dáballes o trunfo e o pase a ansiada promoción aos cabaneses e facía infructuosa a goleada que o Xallas FC lle infrinxía ao CD Baio, (10-1).
Así vía Fernando Mato, adestrador do Cabana SD Xuvenil, o choque que lles daba o pase a promoción : “Partido no que nos xogabamos moito, estar na seguinte fase ou quedar fora, e a verdade é que nos costou, xa que o Cerqueda veu a competir e requería esforzo por parte de todos. O gol chegaba nunha falta botada por Hugo. Un auténtico golazo. Recuperamos xogadores pero fisicamente estaban mermados, e fixemos unha primeira parte paara esquecer, e melloramos na segunda con xogadores que non podían, pero que querían estar, e esforzándose”.
Resultados da derradeira xornada
Cabana SD 1-0 UD Cerqueda
Xallas FC 10-1 CD Baio
Corme CF 2-2 SD Sofán
Sporting Zas 3-1 Ponteceso SD
-Foto : Fernando Mato
-Texto : piratasdemuxia