O Cabana SD será o representante da costa na promoción.
O SD Sofán proclamouse o pasado sábado campión absoluto xuvenil da costa, ao derrotar na final ao Cabana SD nos penaltis, tras gañar na ida 0-1, e perder na volta cos cabaneses 0-1, e despois dunha prórroga na que non se moveu o marcador, os sofanistas conseguían o título e o acceso a disputar a fase de ascenso a Liga Galega Xuvenil, na tanda de penaltis, (4-2).
Hasta aí todo moi normal, pero a cousa torcise pola condición da SD Sofán como filial do Bergantiños FC, e ao ter o equipo bergantiñista un equipo da Liga Galega Xuvenil, estes non poden optar a loita polo ascenso, xa que non poderían subir.
Nese eido é o Cabana SD, subcampión da costa o que ocupará o lugar dos de Sofán na promoción.
-Foto : Cabana SD FaceBook
-Texto : piratasdemuxia