O CABANA SD COMPLETA AS SEMIFINAIS DA “COPA DA COSTA XUVENIL” NUN EXTRAORDINARIO ENCONTRO NO QUE O CD BAIO A PIQUES ESTIVO DE EMPATAR UNHA ELIMINATORIA A PRIORI IMPOSIBLE PARA O CD BAIO.

Fernando Mato, (der.), cos rapaces do xuvenil do Cabana SD.

 

Cabana SD 4-4 CD Baio

Non puideron os rapaces cabaneses brindarlle unha vitoria ao seu adestrador Fernando Mato, que no día de onte pasaba por unha delicada operación, da que en principio todo saeu ben, cousa que desexábamos e que segimos desexando que todo vaia moi ben. Si puideron brindarlle o pase a semifinais, na que lles espera o vindeiro sábado o Xallas FC, (12:00 horas), na Fontenla. Parecía que co 1-5 da ida e co potencial que amosou todo o ano o equipo cabanés o seu pase ía a ser máis doado, pero os rapaces do CD Baio non foron AS Redondas de paseo e tanto foi así que chegaban o descanso cun esperanzados 1-3, e nada máis comezar a segunda metade metíanse 1-4. Hugo, (7´), Alejandro, (15´), e , Ángel, (16´), facían os goles da esperanza baiesa, e Hugo, (43´), acurtaba para os cabaneses antes do tempo de lecer.

Sergio, na primeira xogada do segundo periodo facía un esperanzador, (para uns), e ameazador, (para outros), 1-4, 846´). E vaia se houbo nervos, pois non foi ata o 83´, que Roberto facía o segundo dos de Cabana, e no desconto, cos baieses xa de brazos máis caidos, chegaban dous máis no desconto, por medio de Miguel, ambos, para poñer un 4-4 final, nun choque extraordinario futbol´siticamente para os afeccionados. Dirixeu os cabaneses, José Manuel, uña e carne do fútbol base co nos amigo Fernando.

 

 “SEMIFINAL COPA DA COSTA XUVENIL”

-IDA-

 SD Sofán – Corme CF

Sábado 14/05 ás 18:30 horas no “O Carral”

Xallas FC – Cabana SD

Sábado 14/05 ás 12:00 horas no “A Fontenla”

 

-Foto : Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia