O Cabana S.D. vén de anunciar a apertura das inscricións para a tempada 2026-27, unha nova oportunidade para que nenos e nenas da comarca se incorporen a un dos proxectos de fútbol base máis consolidados da Costa da Morte.
O club cabanés continúa a demostrar ano tras ano que a súa maior fortaleza está no traballo de formación, sendo un dos clubs da Costa con maior labor de canteira, acompañando aos futbolistas desde as categorías máis pequenas ata chegar ao equipo senior, que compite na Liga da Costa, sen esquecer o seu equipo feminino da 3ª Galega, outra das referencias da entidade.
As inscricións están abertas para practicamente todas as categorías: Biberón (2021-2022), Benxamín (2017-2018), Alevín (2015-2016), Infantil (2013-2014), Cadete (2011-2012), Xuvenil (2008-2009-2010) e Feminino (nadas ata 2012). A categoría Prebenxamín figura xa como completa, mostra do bo momento que atravesa a base do club.
Desde o Cabana fan un chamamento a todas as familias para formar parte dun proxecto no que, como reza o propio cartel, “Máis que un equipo, unha familia”, unha filosofía que levan anos trasladando ao terreo de xogo e tamén fóra del.
Precisamente, hai tan só unhas semanas, tal e como xa vos informamos en piratasdemuxia.es, o Cabana S.D. organizou unha nova edición do seu tradicional torneo de fútbol base nas Redondas, xa van pola 16º edición e foi unha cita que volveu converterse nun rotundo éxito de participación, (48 equipos), organización e asistencia de público. Un evento que reafirma a capacidade do club para promover o deporte base e converter Cabana nun punto de encontro para centos de rapaces, rapazas, familias e afeccionados ao fútbol base.
Inscricións
Os interesados en formar parte da familia do Cabana S.D. poden solicitar máis información contactando co teléfono 649 02 17 22 (Marcos) ou a través das redes sociais do club. Unha excelente oportunidade para integrarse nunha entidade que non para de medrar sen perder de vista o seu principal obxectivo: formar persoas e futbolistas desde a base ata o fútbol sénior.
–
-Foto : José Manuel Vázquez
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–
.
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
