Deportivistas en Balaidos.
Segundo nos informan dende a Federación de Peñas Deportivistas, (ainda sen confirmar polo C.Vigo), o clube vigués cederá ao RC Deportivo, o clube con maior masa social de Galicia e antre os que máis teñen de España, un total de 600 entradas, das que un 60% serán despachadas polo equipo branquiazul, e o 40% restante serán repartidas pola federación deportivista.
O encontro ante o filial vigués será o 27 de Marzal a partires das 12:00 horas, (10:00 GMT). Encontro declarado de “alto risco”.
Así nolo informan dende a Federación de Peñas : “Á espera de confirmación por parte do RC Celta, o número de entradas asignadas para o Depor en este desplazamento será de 600, das cales corresponden a Federación o 40%”.
As peñas que queiran solicitar entradas, poderano facer ata o próximo martes 22/03 as 15:00h. Despois desta fecha e hora, no se atenderá ningunha petición.
Como se acordou na última asamblea por votación mayoritaria, o reparto das entradas vai a ser equitativo para todalas peñas que as soliciten, sempre e cando estean o corrente de pago da cuota anual. O prezo das entradas será de 20 euros.
Tamen nos comentan que van a organizar desplazamento en bus. Este, (ou estes segundo a demanda), como des costume, sairán da explanada do Pavillón dos Deportes de Riazor o mesmo día do partido as 09:00horas, e o regreso será o acabar o encontro. O prezo por persoa do bús será de 15 €
Os trámites para solucitudes de entradas e bús, serán os habituais da federación de peñas.
Supoñemos que tan pronto se vendan estas 600 o RC Deportivo solicitará máis.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia/Federación de Peñas do RC Deportivo