O BUS DO DEPOR, UNHA OBRA DE ARTE AMBULANTE, PROMOCIONA A CORUÑA.

Cada tempada o bus do RC Deportivo é unha obra de arte andante.

 

O autobús que cada semana utilizan os equipos absolutos masculino e feminino do RC Deportivo nos seus desprazamentos para disputar partidos no norte e centro de España, lucirá desde hoxe a imaxe turística da cidade da Coruña alá onde se disputen os partidos de Os Nosos e As Nosas.

A nova imaxe da unidade de Autocares Vázquez, decorada exteriormente por Mástil Rotulación, foi desvelada este mediodía en Madrid con motivo da presentación da oferta turística da Cidade para este ano 2022 en FITUR.

O autobús do Club mantén na súa parte lateral traseira, en ambos os costados, o escudo do RC Deportivo, mentres que a parte dianteira cede todo o seu protagonismo á cidade no costado dereito e á Torre de Hércules, emblema xunto ao Dépor da cidade e Patrimonio da Humanidade, no costado esquerdo.

Nunha imaxe aérea tomada sobre o Estadio ABANCA-RIAZOR pódese observar toda a baía coruñesa e, sobre ela, sinalados, os principais puntos de interese turístico. Xunto ao logo de Turismo da Coruña tamén aparece a dirección web na que todos os visitantes poderán coñecer a oferta da cidade herculina: www.visitcoruna.com

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, acompañada como anfitrión do Club pola lenda Deportivista e actual director da canteira branquiazul Fran González, fixo a primeira viaxe do autobús coa nova imaxe en compañía de toda a delegación coruñesa en FITUR.

 

-Fotos e Texto : rcdeportivo.es