O BURELA PESACDOS RUBÉN FAISE CA “4 NATIONS WOMEN´S CUP” EN MILÁN

As rapazas burelesas co trofeo internacional.

 

O Burela Pescados Rubén segue facendo historia. O conxunto que dirixe Julio Delgado cumpriu co seu primeiro obxectivo de 2019-20 brillando en Europa. O cadro da Mariña alzouse este domingo co título do 4 Nation Women’s Cup de Milán con vitoria de 3-8 na gran final sobre o anfitrión, o Kick Off C5 Milano. A terceira praza foi para Budstar de Ucrania, co seu triunfo por 4-7 sobre o ruso Lagoa Uor. 

A finalización volveu reinar nas filas laranxas, aínda que se resistiu un pouco máis que no 2-9 da semifinal ante as rusas, cunha primeira parte moi igualada. Ale de Paz, ao segundo pau a pase de Jane tras roubo, e de Jenny Lores en xogada similar a pase de Lara Balseiro, puxeron o 0-2 en tan só un minuto, no 6. As anfitrioas responderon co empate, nas proximidades do ecuador do primeiro acto, con Debora de disparo afastado que golpeaba nunha defensora lucense, e falta afastada de Arianna. Bea Mateos enfundouse no xogo de cinco na recta final. A escasos 27 segundos do descanso, Jenny devolveu a vantaxe para as de Julio Delgado, en contragolpe. 

Tras o descanso, o Pescados Rubén ampliou a renda cun disparo que tocou en Arianna e máis tarde Jane e Peque. As italianas puideron recurtar distancias de novo no 30 con xogada persoal de novo nas zapatillas de Debora. 

Jenny Lores contestou pouco despois para anotar o sétimo. As anfitrioas optaron por porteira xogadora e Lara Balseiro aproveitou para anotar o definitivo 3-8.

Próximo obxectivo, a Supercopa 

Tan só quedan cinco días para o próximo obxectivo das mariñás, no primeiro gran reto da tempada. O venres, ás 21.00 horas, o Burela pelexarán pola Supercopa de España fronte ao campión de liga, o Futsi Atlético Navalcarnero, en Las Rozas. A presentación da cita terá lugar o martes, día 3, ás 17.30 horas, na sede da RFEF.

-Texto e foto de futgal.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es