No plenillo que tivo lugar en Baio da RFGF e os clubes da Subdelegación da Costa había un tema que levantou moita expectación i era se se aceptaba a volta do filail do Bergantiños FC e os seus equipos de base a Costa. A cousa estivo bastante igualda pero gañou o voto a favor da volta por 19 a 14 polo que xa é oficial. Os clubs da Costa da Morte decidiron por maioría dar luz verde ao regreso dos equipos de fútbol base do Bergantiños FC e do seu filial ás competicións da costeiras.
Ponse así fin a un proceso que nas últimas semanas xerou un intenso debate. As posturas que nos chegaron eran moi diversas: había quen defendía que a volta suporía un impulso para o fútbol costeiro, incrementando o número de equipos, a competitividade e o nivel das competicións; mentres que outros se mostraban máis escépticos, lembrando a marcha do club cara á área da Coruña anos atrás, unha decisión que algúns aínda consideran un desprezo ao fútbol da Costa.
Coa votación xa resolta, o Bergantiños amosou a súa satisfacción polo resultado e quixo agradecer o apoio recibido:
“Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos os clubs que depositaron a súa confianza en nós para facer posible este regreso. Volvemos con moitísima ilusión, co máximo respecto por todos os participantes e co desexo de contribuír a unha competición bonita, honesta e que siga facendo medrar o fútbol da nosa comarca”, comentan desde o club carballés cun craro : “Somos da Costa”.
A partir de agora, a decisión queda pechada e os equipos de base do Bergantiños volverán competir na Costa da Morte, abrindo unha nova etapa na que o reto será demostrar sobre o terreo de xogo que este regreso beneficia ao conxunto do fútbol costeiro. O tempo dirá se as expectativas dos partidarios se cumpren ou se as reticencias dalgúns clubs atopan argumentos, pero o que xa é unha realidade é que o Bergantiños regresa oficialmente ás competicións da Costa.
Que equipos entran?
Segundo recolle a documentación remitida pola Federación os clubes, a incorporación afectaría aos seguintes conxuntos:
Bergantiños CF “B” na 3ª Futgal de Afeccionados da Costa.
Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Xuvenil da Costa.
Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Cadete da Costa.
Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Cadete da Costa.
Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Infantil da Costa.
Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Infantil da Costa.
Nalgúns casos, a propia Federación xa contempla que sería necesario dividir as competicións en dous grupos debido ao incremento de participantes.
Plan competicional da 3ª da Costa
Na xunta de Baio tamén se deu a coñecer o Plan Competicional da 3ª da Costa que comezará na fin de semana da Romaría da Barca 12-13 de setembro e rematará na do 20 de xuño do 2027, o que se refire a liga regular. Serán un total de 16 equipos dos que asenderán a Liga da Costa os dous primeiros e os outros 4 xogarán o Play-Off por unha terceira praza.
.
O sistema de competición é o mesmo que nas últimas tempadas. Son 6 grupos e ascenden de maneira directa a Preferente os seis campións de grupo e promocionan o segundo e o terceiro de cada grupo para un total de tres ascensos máis.
