O BERGANTIÑOS SUMA ANTE O MARINO DE LUANCO, (1-1), O SEU PRIMEIRO PUNTO DENDE A CHEGADA DE JOSÉ DURÁN O EQUIPO.

 

Bergantiños FC 1-1 Marino de Luanco

Encontro feo, de fútbol direto, o que se veu nas Eiroas, e que valeiu para sumar o primeiro punto da “Era Durán”, así como o primeiro encontro sen perder nas derradeiras 10 xornadas.

Cando un equipo está en dinámica mala costa moito endereitalo e así lle está a pasar os carballeses. tras unha primeira metade na que non se veu nada por parte de ambos conxuntos, pasouse a unha segunda na que o técnico lucense dos de Carballo, que saira na primeira cunha defensa de 5, pasase a unha de 4. Tivo unha boa ocasión Julen, pero a perda na xogada supuxo un contragolpe que se convertiría no 0-1.

Mazazo e de volta o mesmo de cada semana. Loitar con máis corazón que cabeza, pero desta vez os seus froitos e nun saque de curruncho chegaba o gol de Agulló xa a desesperada en no minuto 94, para salvar un punto e cortar unha racha tremendamente negativa.

Bergantiños FC : Canedo; Palomares (Julen, minuto 56), Quindimil, Agulló, Tomé (Brenes, 74) (Meixús, 83), Espeso (Estramil, 83); Chapu (Garrido, 56), Uzal, Remeseiro; Pedrosa y Pacheco.

 Marino de Luanco : Burú; Borja, Trabanco, Prado, Guaya; Pinín, Lora, Diego Díaz (Nino, 68); Luis Nuño (Óscar, 65), Vanderson (Adolfo, 82) y Carcaba (Guille Cueto, 82).

Goles: 0-1, Vanderson, (78´); 1-1, Agulló, (94´).

 

 

-Foto : Bergantiños FC e Vídeo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com