Luciano Calvo cos tres reforzos bergantiñistas.
O presidente, Luciano Calvo, presentou oficialmente nas “Eiroas” a Borja Cabanillas, Diego Vela e a Oleksiy Klak, como novos xogadores do primeiro equipo.
Trátase de tres centrocampistas moi talentosos de banda, con vocación ofensiva e gol, Diego e Borja, e máis creativo e con máis peso na dirección do xogo, Oleksiy Klak.
“Teñen un bo historial e vannos axudar a mellorar e a saír da situación na que estamos, totalmente inesperada, pero a que hai. Esperamos moitos deles, desexámoslle o mellor aos tres e dámoslle a benvida”, dixo o presidente do clube carballés, Luciano Calvo.
Causou baixa por petición propia Álex Dieguez, ao que o clube lle : “desexa o mellor no futuro”.
-Foto e Texto : Bergantiños CF
++++
-Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo co que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
-Tamén informar que trocamos de o noso email é : admin@piratasdemuxia.es
-Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas. Consultanos como facelo.