O Bergantiños repite goleda como visitante.
CF Dumbría 0-3 Bergantiños FC
O equipo carballés, que xa goleou fai duas semanas na sua visita ao Cidade de Ribeira, levouse o derbi costeiro da 7ª xornada da Liga Galega Xuvenil, xogado no Municipal do Conco, (Dumbría), e sacouse a espiña da dura derrota da pasada ante o Galicia de Caranza, (2-6), ante u CF Dumbría, que segue sen reaccionar.
Adiantábanse os bergantiñáns aos 23 minutos cun tanto de Bruno Fonteboa, resultado co que se chegaría o descanso. Xa na segunda metade o choque tornaríase máis físico e accidentado, pois aos 63 minutos o equipo dumbriés quedaría cun menos por expulsión con vermello direto de Antón Pose.
Non tardaría en chegar o segundo gol dos visitantes, pois 4 minutos despois Hugo Méndez batía a Iván Fraga, (67´). O Dumbría tirouse arriba con nada que perder e no traballo de contención os de Carballo quedaban cun menos, o ser expulsado Crhístian Ares, que vía dous cartóns en 5 minutos, (77´e 82´). O gol definitivo chegaba no tempo de desconto, por medio de Diego Blanco.
Clasificación
O Bergantiños FC ocupa a 6ª posición con 13 puntos, a espera do encontro que falla por xogarse desta xornada que enfronta ao Conxo, 8º, cun punto menos cos de Carballo, e ao Viveiro, 5º, cun punto máis cos carballeses. Pola sua banda o CF Dumbría, continua penúltimo, cun punto.
Próxima xornada
O Bergantiños FC recibe nas Eiroas ao SCD Milagrosa, namentras que o CF Dumbría visita ao Galicia de Caranza no Municipal de Caranza. Ambos encontros en principio o vindeiro sábado 22 de Outurbo.
Tódolos resultados do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ
-Foto : Departamento de Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia