1ª División Galega Feminina
As bergantiñana non tiveron problemas ante as colistas.
-21ª Xornada-
Bergantiños FC 4-0 SD Antas
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños Feminino) : “Partido marcado pola diferencia de intereses entre dous equipos, un da zona alta e o colista. A posesión e as ocasións foron totales para o Bergan, nota negativa a lesión de Laura Caamaño xa no inicio de partido, na primeira parte foise o vestiario con resultado de 2-0 cos goles de Isa e Trillo, na segunda parte segueu o mesmo ritmo de dominio e con outros 2 goles esta vez de Cruz e López cerraban o marcador definitivo co 4-0”.
Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Lara, Valeria, Paula Sieira, Isabela, Carmen, Alejandra, Laura Caamaño, Blanca, e Paula Paredes. Tamén xogaron : Carla, Cruz, Alba, Laura Muñíz e Sofía.
SD Antas : Nuria, Laura, Yaiza, Melanie, Iria, Elisa, Laura, Maite, Tamara e Idoia.
Goles : 1-0, Isabela, (3´); 2-0, Carmen, (29´); 3-0, Cruz, (55´); 4-0, Lara, (79´).
Árbitro : Carlos Martínez. Non puxo amonestacións.
Proximo encontro
O Bergantiños Tomiño FC Feminino, 9º clasificado con 30 puntos, o Domingo 12 de Marzal ás 16:30 horas, (se non hai troco), no “O Alivio”, de Tomiño. Na primeira volta o equipo bergantiñista derrotou as de Tomiño por 6-1, na 7ª xornada da liga 2022/23.
Clasificación
As carballesas ocupan a 4ªpraza, (promoción de ascenso), a 6 do lider, Sárdoma CF “B”, 2 do segundo, CD Lugo, e 1 do terceiro, Orzán SD.
-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC
-Texto e Montaxe encontros : Xosé Búa “Pirata”