Intre da firma do contrato coa diretiva carballesa.
O Bergantiños FC que a vindeira tempada militará na 3ª RFEF, informa da incorporación do dianteiro, natural de Candás, (Asturias), Pablo Calvo Longo,(02/11/97). O xogador asturiano militou a tempada pasada no Club Deportivo Praviano de Terceira RFEF no que estivo estas dúas últimas campañas anotando un total de 23 goles.
Gran goleador e con gran poder físico que deu o salto á terceira procedente do Podes CF (Preferente), club no que se formou e evolucionou como xogador.
Baixas
O Bergantiños FC tamén comunica que Pablo Meixús e Josiño Filgueira non continuarán no club para a vindeira tempada. Agradecémolles aos dous o seu compromiso e desexámoslle o mellor nos seus futuros proxectos.
-Foto e Texto : Comunicación Bergantiños FC