As bergantiñistas líderes en solitario.
Bergantiños FC 4-1 PM Friol B
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “O partido comenzou cun Friol que quixo sorprender, planteando un equipo ofensivo con velocidade na zona de arriba e que nos primeiros minutos tiveron as ocasións, pero Ainhoa estivo moi acertada debaixo dos paus. Sin un dominio claro de ningún equipo e intentando buscar os erros das rivais para acercarse a portería. Xa na segunda parte cambiou o ritmo do partido cos cambios efectuados no Bergan, xa máis rexoñecible, e López no 51 abría o marcador e sin tempo para repoñerse as visitantes no 55 Cruz facía o 2-0. Cando o partido estaba controlado un erro defensivamente facía que o Friol volvese o partido no minuto 65, de aí en diante intentóuse xogar con precaución e controlando máis o xogo combinativo. Xa cun Friol un pouco roto co desgaste, Cruz aparecería novamente no 83 e 90 para cerrar un partido complicado, e completar o seu particular hat-trick en 45 minutos”.
Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Isa, Zaida, Alba, Sara, Trillo, Alejandra, Carla, Laura Muñíz e Yaiza. Tamén xogaron :Noe, Cruz, Laura Caamaño, Blanca e Sofía.
PM Friol B : Pili, Goretti, Nerea, Ana María, Lidia, Andrea, Withney, Antía, Andrea, Ioana, Jessica e Ángela. Tamén xogaron : Rocio e Alba.
Goles : 1-0, Lara, (52´); 2-0, Cruz, (55´); 2-1, Withney, (64´); 3-1, Cruz, (83´); 4-1, Cruz, (90´)
Árbitro : Manuel Rodríguez. Non amosou ningún cartón.
Proximo encontro
O equipo carballés visita o Atlético Arousana no A Lomba, (Vilagarcía), o vindeiro Domingo 26 de Novembro con horario por definir.
CLASIFICACIÓN
O Bergantiños lider en solitario trala inesperada derrota do Orzán SD no derbi ante o Victoria CF, (1-2), segndo pinchazo consecutivo tralo empate da pasada semana ante o Domaio, (3-3). Primeiras as de Carballo con 25 puntos polos 22 do Orzán e os 20 de O Val e Lóstrego. Oitava vitoria consecutiva das bergantiñanas, que comezaron a liga titubeantes cun empate ante o Lóstrego, (2-2), e unha derrota ante O Val, (1-3), dende aquela só saben o que é gañar cada xornada. Premendo no enlace podes ver a clasificación ao completo con tódolos resultados da xornada.
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”