O BERGANTIÑOS FEMININO VOLVE A GOLEAR PARA IRSE O PARÓN CON MIRAS A TODO.

1ª División Galega Feminina

O Bergan golea por segnda semana seguida.

 

 Bergantiños FC 3-0 UD Mos “B”

O partido da 13ª xornada, que empezaba con un Mos moi vertical e físico nos primeiros minutos, e facendo gran presión na saída de balón bergantiñán tendo a primeira ocasión clara pero que non materializaron con acerto. O Bergan que non quería dar vida a un rival a priori inferior, soltouse un pouco máis en ataque e en dous zarpazos individuais de López no 15 e Cruz no 20 poñían terra de por medio, para facer un fútbol máis tranquilo e de dominio.

A segunda parte o Mos volveu a saír forte intentando recortar a distancia de 2-0 e tivo algunha ocasión pero non de gran perigo. O Bergan tivo ata 6 córnes a favor que xeraban moito perigo, tanto que en un de eles Blanca sentenciaba o encontro co difinitivo 3-0. Un gran resultado para ir ao parón en dinámica positiva.

Goles : 1-0, Lara, (14´); 2-0, Cruz, (20´); 3-0, Blanca, (59´).

 

Proximo encontro

A liga para ata o vindeiro 18 de Nadal. O Bergantiños visitará ao Sporting Cambre, 6º clasificado con 22 puntos. O choque será no “Dani Mallo”, de Cambre.

Clasificación

As carballesas manteñen a cuarta praza, (promoción de ascenso), con 28 puntos, a 1 do CD Lugo, (3º), a 3 do Orzán SD, (2º), e a 4 do lider, Sárdoma CF “B”.

 

 

 

 

-Foto arquivo : Depart. Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Prensa Bergantiños FC

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies