Ledicia no vestiario bergantiñista.
Bergantiños FC 3-1 Domaio CF
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Inicio de partido intenso, e tendo que usar xogo directo polas presión no medio campo, as ocasións mais claras foron nos pes de Cruz que non acertaba nos mans a mans, Zaida abría o marcador despois de varios corners seguidos no minuto 25, pero o Domaio os 3 minutos empatou aprobeitando unha indecisión defensiva. Antes do descanso está vez si Cruz definía ben para volver poñer o equipo por diante.
A segunda parte foi un ritmo mais baixo con poucas ocasións e moito xogo embarullado no medio, sin ter un dominador claro, xa no 90 unha xogada ben trenzada colectivamente que Alba definía a perfección para cerrar o partido e marcador favorable 3-1”.
Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Noe, Zaida, Cruz, Sara, Trillo, Alejandra, Laura Caamaño, Blanca, e Laura Muñíz. Tamén xogaron : Sarai, Gabriela, Alba, Sofía e Carla.
Goles : 1-0, Zaida, (26´); 1-1, Lara, (27´); 2-1, Cruz, (41´); 3-1, Alba, (90´).
Árbitro : Esteban Domínguez. Un cartón a Eva do equipo visitante.
Proximo encontro
O equipo carballés visita ao Victoria CF B no A Grela 1 da Coruña, o vindeiro Domingo 29 de Outubro.
CLASIFICACIÓN
O Bergantiños sube a 2ª posición por golaveraxe, pois todo sigue cáseque igual estando a 2 do Orzán SD, que sigue no primeiro chanzo e cas carballesas, en promoción co Tomiño FC, e SD O Val. O Sporting Cambre cae a 5ª praza o caer derrotado ante o EF Amistade, (2-1), e o Lóstrego CF B, cae a 6ª tras caer ante o SD O Val, (0-2).
-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
