A familia bergantiñana senior e base.
O Bergantiños Feminino CF que xa deu a sorpesa deixando na cuneta ao Sporting Burgo na 1ª rolda polo ascenso a 1ª División Galega Feminina desta volta tomou ventaxe ante o Friol Lugo “B” tras derrotalas nas “Eiroas” por 2-0 con goles de Isa, e María Insua, un en cada tempo de xogo.
Aquí tes a visión do encontro do seu adestrador :
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños Feminino CF) : “Pinta ben esta segunda eliminatoria de ascenso para un Bergantiños que superou nas Eiroas ao primeiro clasificado do grupo 1 logo de gañar 2-0, pero non o vai a ter fácil para o partido de volta, xa que as luguesas teñen potencial pra poñerlle as cousas complicadas ás carballesas.
Os primeiros minutos foron de dominio das visitantes, pero sen crear peligro na portería dun Bergantiños moi seguro en defensa. Ata o min. 20 non houbo ningunha ocasión clara nata que Isa a punto estivo da adiantar ás locais. Denisse tamén puido ver porta pero Lara Sánchez estaría acertada na saída e durante todo o partido. Á media hora Isa marcaba para o Bergan, logo aproveitar unha maxistral asistencia de Mery. A partir de este gol o Lugo meteríase atrás debido ao impulso ofensivo das carballesas, pero o marcador non se movería antes do descanso.
Na segunda parte as defensa impoñíanse ás dianteiras e sobre todo Sabrina e Martasa mostraríanse moi sólidas.
Mediados os segundos 45 min. o Lugo adiantaba filas en busca do empate, cousa que aproveitarían as xogadoras de Gueli para achegarse á portería visitante con perigosas contras, nunha destas Mery facía o 2-0 cunha fermosa vaselina. As visitantes intentábano a balón parado pero era o día da defensa carballesa.
Case no último suspiro Elisa apiques estaría de aproveitar unha mala cesión de Fra a Lara, pero o bo facer da porteira carballesa desbarataría a ocasión máis clara da segunda parte.
Finalmente o marcador xa non se movería e todo queda para a volta o próximo domingo en terras luguesas”.
Bergantiños Feminino CF : Lara Sánchez, Lara Rabuñal (Paula 83), Fra, Sabrina, Martasa, Lore, Laura Torrado, Mery, Noe (Canosa 50), Tamy (Carla 60) e Isa (Eva 75).
Friol Lugo “B” : Judith, María Luisa, Nerea, Eva María, Paula, Denise, Irene, Sandra, (Xiana, 52´), Patricia, María e Lucía, (Elisa, 75´).
Goles : 1-0, Isa, (27´); 2-0, María Insua, (77´).
Árbitro : Davíd Castreje. Amosoulle un cartón amarelo a meta visitante Judith.