As bergantiñistas seguen a dar un gran nivel.
Victoria CF B 0-4 Bergantiños FC
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Inicio de partido intenso, como todos os partidos contra o Victoria, marcado como un derbi particular, dous equipos ofensivos, pero que as ocasións mais perigosas caian do lado do Bergan, e Cruz no 11 xa abría o marcador. Despois un xogo bastante rápido de movemento de balón dun Bergan que se facia dono do partido con ocasións claras e moitos corners, xa rematando a primeira parte Trillo poñia o 0-2 para tomar camiño dos vestuarios. Unha segunda parte cas locales mais incisivas nos primeiros minutos pero non conseguían materializar as suas oportunidades, o contrario da capi Cruz que marcaba 2 goles mais para cerrar o seu particular hat-trick, e un resultado de 0-4. A partir de ese marcador o partido baixou en intensidad, cun victoria que buscaba recortar diferencias e o Bergan intentar algunha contra pero non se movería mais o marcador”.
Victoria CF B : Ana, Sara, Irene, Bugallo, Naroa, Lucía Yu, Alexia, Cancela, Sílvia, Diana e Ana Pereira. Tamén xogaron : Paola, Erika, Claudia, María e Yara.
Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Noe, Zaida, Cruz, Trillo, Alejandra, Laura Caamaño, Blanca, Sofía e Laura Muñíz. Tamén xogaron : Sarai, Isa, Alba, Uxía e Yaiza.
Goles : 0-1, Cruz, (10´); 0-2, Trillo, (43´); 0-3, Cruz, (52´); 0-4, Alba, (60´).
Árbitro : Youssef Assahu. Non amosou cartóns
Proximo encontro
O equipo carballésrecibe o CF Noia no As Eiroas, o vindeiro Domingo 5 de Novembro ás 12:00 horas.
CLASIFICACIÓN
O Bergantiños mantén a 2ª posición por golaveraxe, a 2 do Orzán SD. Premendo no enlace podes ver a clasificación ao completo con tódolos resultados da xornada.
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”