O BERGANTIÑOS FEMININO REMONTA GOLEANDO ANTE O AMISTADE, PARA SEGUIR A 1 PUNTO DO LIDER.

O Bergantiños suma unha nova vitoria.

 

Bergantiños FC 4-1 EFB Amistade

Partido moi intenso o que propuxo o equipo visitante, e que nos fixo estar incómodas nos minutos iniciais, estando por debaixo no marcador logo do gol do Amistade á saída dun córner.

Cando o equipo se asentou completamente con dominio de balón, remontamos antes do descanso, con gol de Blanca tamén ao remate dun córner, e cun golazo de López en xogada persoal. Á saída de vestiarios cun gol “made in” Cruz poñía a tranquilade no marcador e, xa coas rivais mermadas físicamente, xogouse a ter posesión do balón e buscar espazos.

Cando as rivais arriscaban, nos minutos finais, Zaida poñía o definitivo 4-1 despois dunha xogada combinativa de todo o equipo saíndo co balón xogado dende zona defensiva.

Goles : 0-1, Marta, (12´); 1-1, Blanca, (43´); 2-1, Lara, (44´); 3-1, Cruz, (53´)´; 4-1, Zaida, (88´).

Proximo encontro

O Bergantiños visita o CD Lugo, 5º clasificado cos mesmos puntos co 4ª, SD Tordoia, ambos a 3 puntos das carballesas. O choque será o vindeiro Domingo 13 de Novembro ás 16:15 horas, (se non hai troco), no campo “A Cheda”.

Clasificación

As carballesas continúan na terceira praza, cos mesmos 22 puntos, co Sardoma, (2º), e a 1 punto do Orzán SD, lider do campionato. Por detrás o SD Tordoia a 3 puntos, ao igual co CD Lugo.

 

-Foto : Departamento Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Prensa Bergantiños FC