O BERGANTIÑOS FEMININO GOLEA O NARÓN O FREIXO, (5-1), E SUBE A SEGUNDA PRAZA DA 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

1ª División Galega Feminina

As bergantiñistas déronlle ánimos a compañeira Zaida.

 

-19ª Xornada-

Bergantiños FC 5-1 SDC y R Narón O Freixo

Asi nos comenta Gueli Cotelo, adestrador das bergantiñanas, o que deu de si o encontro : “Outro inicio de partido enchufadas desde que empeza a rodar o balón, tendo o dominio e control do partido en todo o momento, iso fixo que as ocasións aparezcan favorables o Bergantiños e xa no minuto 7 Trillo abría o marcador despois dun pase da morte de Cruz. O equipo quería máis e López cun tiro desde larga distancia facía o 2-0. As visitantes intentaban defender e saír a contra pero non atopaban espazos e tras a saída de sendos córners, López e Trillo volvían a marcar deixando un 4-0 no descanso.
A segunda parte baixou un pouco a intensidade con moito fútbol de posesión e mantendo a distancia no marcador sen arriscar en exceso, pero unha boa acción do Narón no minuto 60 recurtaba distancia pero non sería suficiente para facer temblar o Bergan que non daría máis oportunidades defensivas e incluso nos últimos minutos Sieira poría o definitivo 5-1 no marcador ao rematar unha falta lateral”.

Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Noelia, Cruz, Inés, Valeria, Alba, Carmen, Laura Caamaño, Laura Muñiz e Sofía. Tamén xogaron : Paula Paredes, Paula Sieira, Gabriela e Alejandra.

SDC y R Narón O Freixo : Patricia, Samai, Sara, Andrea, Nuria, Natalia, Hortensia, Alessandra, Andrea Rouco, Ariadna e Sabela. Tamén xogaron : Non tiña suplentes

Goles : 1-0, Carmen, (7´); 2-0, Lara, (15´); 3-0, Lara , (27´); 4-0, Carmen, (30´); 4-1, Sabela, (60´); 5-1, Paula Sieira, (85´).

Incidencias : Antes do encontro as rapazas do Bergantiños FC sacaron unha pancarta co lema “Ánimo Za!”, para a sua compañeira Ziada Táboas que foi intervida fai uns días dunha lesión nun xeonllo que a terá apartada dos terreos de xogo un tempo. A propia Zaida posou coas compañeiras na foto que podedes ver arriba con muletas a derweita da imaxe.

 

 

Once inicial do Bergantiños ante as de Ferrolterra.

 

Proximo encontro

O Bergantiños visita ao veciño SD Tordoia no derbi interior, 10º clasificado con 26 puntos. O choque será o vindeiro Domingo 12 de Febreiro ás 12:00 horas, (se non hai troco), no “A Rega”, de Pontepedra, (Cabaleiros-Tordoia). Na primeira volta o equipo bergantiñista caía nas Eiroas ante as tordoiesas, (01-2), na 5ª xornada da liga 2022/23. 

Clasificación

As carballesas suben a 2ª praza, (promoción de ascenso), con 43 puntos, a 3 do lider, Sárdoma CF “B”, que esta xornada derrotaba por un contundente 5-0 ao que ata a pasada semana era segundo, o CD Lugo. Decir que as lucenses chegaron a este encontro con moitas baixas e tan só de recambio coa porteira suplente e unha xogadora máis. 

 

 

-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC

-Texto e Montaxe encontros : piratasdemuxia