O BERGANTIÑOS FEMININO GOLEA AO CLUB SILVA, (8-0) PARA CONTINUAR A 3 PUNTOS DO LIDER, S.E. ABELLÁ.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1

-22ª Xornada-

O “Bergan” pasoulle por enriba o Silva na segunda metade.

Bergantiños Feminino CF 8-0 Club Silva SD 

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños Feminino CF) :O Bergantiños golea para seguir na cabeza. Partido placido e tranquilo para un Bergantiños que gañou con solvencia e xustiza ante un Silva que se defendeu moi ben na primeira parte, pero que na segunda, paso factura o esforzo. Non tivo moito tema o partido, o Bergantiños dominaba e o Silva a base de esforzo e gran colocación defendíase. Corría o 13 de partido, cando despois dunha serie de rebotes o balón chega a Isa que non perdoa e subía o 1-0 ao marcador. No 22 de novo Isa tras unha gran xogada de vimi non fallaba e colocaba o 2-0 , despois disto algunhas ocasións me pero nada de acerto e levaba ao descanso co 2-0 . Comezaba a segunda parte e o partido non cambiaba de ton, pero co paso dos minutos o Silva, baixaría fisicamente deixando máis espazos que serían aproveitados polo Bergantiños. No minuto 64 Ali tras un córner botado por vimi non fallaba de cabeza e colocaba o 3-0 . No minuto 73 e tras outro bo golpeo de vimi desde a esquina, tras varios rexeites o balón chégalle a Torrado que non falla e subía o 4-0 ao marcador. En 75 Ali volvía ver porta cun golpeo desde o bordo da área que se coaba na meta rival 5-0 . Non moito máis tarde no 79 vimi cun bo golpeo batía á porteira rival e poñía o 6-0 . No 83 de novo Isa tras un centro desde o corner de vimi remataba de maneira impecable de cabeza para poñer o 7-0 no electrónico. E no 89 para finiquitar de novo Ali desde pouco máis adiante do medio do campo, cun maxistral golpeo batía á porteira rival que nada puido facer e acababa co definitivo 8-0 en As Eiroas. Con esta vitoria o Bergantiños segue lle ronsel do primeiro e non cesa na súa persecución. Esta semana o equipo rojillo descansa”.

Bergantiños Feminino CF : Alexia, Lara Rabuñal, Laura Seoane, Lorena, Claudia, Isa, Carla, Eva, Alicia, Tatiana, e Noelia. Tamén xogaron : María, Yaiza e Laura Torrado.
 Club Silva SD : Ingri, Crístina, Nerea, Olalla, Nuria, Julia, Noelia, Lucía, Angei, Nerea e Nuria. Tamén xogaron : Carolina, Candela, Marina e Leticia.
Goles : 1-0, Isa, (13´); 2-0, Isa, (22´); 3-0, Alicia, (64´); 4-0, Laura, (73´); 5-0, Alicia, (75´); 6-0, Noelia, (79´); 7-0, Isa, (83´); 8-0, Alicia, (desconto).
Árbitro : Bruno Méndez, (non amosou ningú cartón).

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto : Bergantiños CF

-Texto : Gueli Cotelo/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies