O BERGANTIÑOS FEMININO FC, QUE COMEZA A COMPETICIÓN ESTE DOMINGO, ANÚNCIANOS A FICHAXE DE, SARA PITA, PROCEDENTE DO BETANZOS CF.

 

O Bergantiños Feminino FS que comeza este Domingo 11 de Outubro a competición, debutando por primeira vez na sua cortahistoria na 1ª División Galega Feminina, visitando na Grela a partires das 16:30 horas ao Victoria CF “B”, infórmanos da incorporación da xogadora, Sara Pita Arcones, natural de Perillo (12/09/1988).

 Sara Pita, desenvólvese no medio do campo, pero tamén pode xogar de central. A nova xogadora bergantiñista, que chega dende o Betanzos CF,  clube ao que estivo ligada dende a temporada 2018/19 e co que ascendeu a Primeira Galega. Na tempada 2017/18 pasou polo Victoria da Nacional e anteriormente no SD Orzán, no que estivo dende o 2012 ata o 2016, acadando o ascenso a Nacional. Tamén xogou no Compostela da Segunda Nacional na  tempada 2012/13.

Renovación de Cruz Sánchez

O clube bergantilñista tamén nos informa da renovación da xogadora Cruz Sánchez para este plantel de 1ª División Galega. “Continuaremos desfrutando da nosa xogadora nesta Temporada 21/22, por terceira campaña consecutiva”, coméntannos dende o clube de Carballo que un ano máis estará baixo a batuta de Gueli Cotelo.

-Foto : Departamento de Comunicación do Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Departamento de Comunicación do Bergantiños FC

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies