O BERGANTIÑOS FEMININO DERROTOU AO SP. BURGO UN DOS FAVORITOS O ASCENSO A 1ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL.

PROMOCIÓN A 1ª GALEGA FEMININA

-1ª rolda-ida-      

O Bergantiños Feminino dobregou a un dos “cocos” da fase de ascenso.

 

Bergantiños Feminino CF 3-2 Sporting Burgo

 

-O equipo carballés plantou cara e levouse o primeiro “round”-


Encontro de ida da fase de ascenso a 1ª División Galega Feminina de Fútbol, no que o Bergantiños Feminino CF recibía ao Sporting Burgo, 2º clasificado do Grupo 1º da 2ª División Galega de Fútbol Femininonon se arrugaron as rapazas bergantiñanas e plantaron cara a un dos favoritos ao ascenso, acadando un meritorio 3-2 con goles de Mery e Tamy, (2)...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro do Bergantiños Feminino CF, que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube carballés.

 
 
Bergantiños Feminino CF 3-2 Sporting Burgo
 
Partido de ida dos oitavos de final da fase de ascenso entre o Bergantiños e o Sp. Burgo que habia quedado 2º clasificado no grupo primeiro da segunda galega. Presentábase a priori moi complicado o partido para un Bergantiños que saíu ao campo coas ideas moi claras, aínda que os primeiros minutos foron de dominio do visitantes pero sen crear demasiado perigo. Adiantábanse no marcador as burguesas no minuto 11 ao aproveitar un fallo defensivo, pero soubo reaccionar o Bergan porque dous minutos mais tarde Mery definía ben tras un bo pase entre liñas de Canosa. A partir do gol local, as xogadoras de Gueli fóronse atopando máis cómodas e faríanse co dominio do xogo, pero sen crear demasiadas ocasións. Co empate chegaríase ao descanso.
 
Os primeiros minutos da continuación foron tolos, Tamy facía o 2-1 a pase de Eva, Fátima empataba para as coruñesas 5 min. despois tras unha xogada dubidosa xogada, e Mery facía o seu dobrete no min. 59 a pase de Tamy. A partir de aí o partido baixou de ritmo debido á forte calor e as carballesas dedicáronse a controlar o partido e mesmo con algunha chegada perigosa por medio de Isa e Mery novamente, pero finalmente o marcador xa non se movería. O vindeiro domingo xogarase o partido de volta na Lavandeira.
 

 

Bergantiños Feminino CF : Lara Sanchez, Eva, Rabuñal, Sabrina, Marta, Lore, Torrado, Mery, Noe, Canosa, Noe e Tamy. 
Tamén xogaron: Carla, Isa, Paula e Tania

 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies