1ª División Galega Feminina
A vitoria foi adicada o adestrador Gueli Cotelo que estaba de aniversario.
-27ª Xornada-
Bergantiños FC 2-0 SD O Val
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC Feminino) : “O partido arranicou xa con gol de López na primeira xogada de ataque do Bergan no minuto 4, igualmente non fixo cambiar os plans do equipo visitante que plantexou un equipo replegado na zona defensiva esperando alguna contra ou accions de balón parado, iso fixo que o Bergan tivera o monopolio do balón nos primeiros 45 minutos, pero sen sumar ataques perigosos, pero tampouco sufriu en ningún momento na zona defensiva. Na segunda parte seguiu o dominio do Bergantiños pero esta vez con tres ocasións claras repartidas entre Trillo e Cruz pero non foi ata o minuto 75 que Trillo facía o difinitivo 2-0 para dar tranquilidade a un partido que con resultado curto estaba en todo o momento con tensión”.
Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Lara, Paula Sieira, Sara Pita, Eva, Trillo, Blanca, Sofía, Laura Muñíz, e Paula Paredes. Tamén xogaron : Cruz, Valeria, Carla, Clara e Sarai.
Goles : 1-0, Lara López, (4´); 2-0, Trillo, (78´).
Árbitro : Chrístian Sendón. Non ensinou ningún cartón.
Proximo encontro
O Bergantiños visita “As Baloutas” para enfrontarse ao UD Mos B, 15º clasificado con 14 puntos, o Domingo 30 de Abril ás 12:00 horas, (se non hai troco). Na primeira volta o equipo bergantiñista venceu 3-0 ao Mos B, na 13ª xornada da liga 2022/23.
Clasificación
As carballesas continúa na 4ª praza, (promoción de ascenso), sumando 55 puntos con 7 sobre o Victoria CF B, faltando 9 por disputarse.
-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”