O BERGANTIÑOS FEMININO DEIXASE OS 3 PUNTOS NOS DERRADEIROS 10 MINUTOS ANTE O PASTORIZA, (3-3).

As bergantiñanas perderon en 10 minutos o traballo de 80.

 

Bergantiños CF 3-3 SCD Pastoriza

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños CF) :  Un Bergantiños espeso déixase dous puntos e o liderado nos últimos 10 Minutos ante un Pastoriza guerrilleiro. O equipo carballés non sentiu cómodo no partido pero aínda así dominaba e tiña o partido controlado, cunha Isa que non cesaba na súa pelexa e un medio do campo que mandaba bos balóns, pero que non era quen de materializar, salvo en dous lanzamentos de falta de Alba que de forma maxistral poñía o 1-0 e seguido o 2-0 no marcador. O Pastoriza, moi guerrilleiro e con balóns longos complicaba por veces ao equipo bergantiñán, nun deses balóns longos un mal despexe que queda á dianteira visitante e non é quen de bater a Lara. As carballesas reaccinaron e Isa en tres man a man coa porteira visitante, non foi quen de aumentar a renda. No minuto 29 tras un erro local as visitantes recortaban diferenzas e poñía o 2-1. Tras o gol visitante algunha chegada do equipo visitante, pero as locais non ampliaron o marcador e chegábase ao descanso con 2-1. Tras o paso polo vestiario Gueli e René axitaron a árbore realizando tres cambios, os cales se notaron e durante os primeiros 30 minutos do segundo tempo as bergantiñanas gozaron de varias ocasións, unha delas a defensa visitante sacou na mesma liña o golpeo de Ali. Nunha destas accións Ali a pase de Isa e a porta baleira poñía o 3-1 no marcador. Todo estaba ao lado local, pero no minuto 30 Isa resultaba magoada nun brazo e tiña que ser substituída e non só ela que o bergantiños víase obrigado a facer outro cambio xa que yaiza se resentia do xemelgo e tiña que ser substituída e o equipo notou a falta de dous alicerces, e xusto nese momento un novo erro do cube carballés propiciaba o segundo gol visitante. Con 3-2 no marcador o “Bergan” non cerrou o partido e nun mal despexe o balón chegaban ás visitantes e esta con un golpeo desde a frontal subía o 3-3 , resultado final. O Bergantiños plano pero mereceu máis sorte, xa que lle falto pechar antes o partido, e tres erros condenárono. Unha magoa xa que esta semana de gañar sería primeiro en solitario, e agora están os catro primeiros clasificados con 40 puntos e todo aberto. Esta vindeira xornada as bergantiñanas descansan”.
.
Bergantiños CF : Lara Sánchez, María, Lara Rabuñal, Laura Seoane, Tatiana, Lorena, Laura Torrado, Isa, Alba, Carla e Yaiza. Tamén xogaron : Noelia García, Noelia Amarelle, Ali, Claudia e Eva.
.
SCD Pastoriza : Uxía, Begoña, Ana, Paula, Karla, Noa, Diana, Yeimi, Antía, Zaira e Mónica. Tamén xogaron : Noa, Andrea, Carolina, Noemi e Marta.
.
Goles :1-0, Alba, (10); 2-0, Alba, (25´); 2-1, Diana, (29´); 3-1, Ali, (61´); 3-2, Diana, (78´); 3-3, Paula, (82´).
.
Árbitro : Manuel Rodríguez. Amonestou polo Bergantiños CF a Noe, (78´) e polo SCD Pastoriza a Karla, (42´), Mónica, (65´) e o adestrador Rubén Bárcenas no desconto final.

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies