O BERGANTIÑOS FEMININO DEIXA FORA A UN DOS FAVORITOS O ASCENSO GAÑÁNDOLLE OS DOUS ENCONTROS

PROMOCIÓN A 1ª GALEGA FEMININA

-1ª rolda-volta-      

O Bergantiños Feminino deulle unha alegría a sua afección.

 

Sporting Burgo  1-2 Bergantiños Feminino CF

 

-O equipo carballés deixa fora a un dos favoritos facendo pleno-


Segue disfrutando do premio da Fase de ascenso a 1ª División Galega Feminina de Fútbol, o Bergantiños Feminino CF que consigueu derrotar ao Sporting Burgo, 2º clasificado do Grupo 1º da 2ª División Galega de Fútbol Feminino, nos dous encontros. A fé e as gañas das bergantiñanas fixeron que derotasen a un dos favoritos ao ascenso, nos dous encontros.

 
As bergantiñanas saltaron o terreo de xogo
con camisetas de ánimo a compañeira lesionada Seo.
 Sporting Burgo  1-2 Bergantiños Feminino CF
 
“Machada” do Bergantiños ao eliminar ao 2º clasificado do grupo 1, gañando os dous partidos da eliminatoria. Agora enfréntarase ao  Friol Lugo “B” que foi o campión do grupo 1 e que quedou apeado da eliminatoria de campións contra o Betanzos.

 

Co resultado a favor de 3-2 no partido de ida chegaban as carballesas a un partido no que os dous equipos tiñan moi claras as súas bazas, pero as xogadoras de Gueli demostraron que van en serio nesta fase de ascenso. Xa no minuto 1 Tamy lanzaba fora un penalty por unhas mans dentro da área. Non se viría abaixo o Bergan e o ritmo altísimo das xogadoras acosarían nos primeiros minutos ás locais. Mery facía o 0-1 ao rematar por baixo dentro da área. Tamy e novamente Mery poderían ampliar a ventaxa pero o marcador non se movería. Algún disparo das locais dende fora da área foron os únicos achegamentos á portería de Lara antes do descanso.
 
Trala reanudación o Burgo apretou mais e conseguiu meter por uns instantes ao Bergan dentro da súa área, aproveitando para empatar o partido tras unha indecisión de defensa carballesa. Tras este gol as xogadoras de Gueli non se arrugarían e buscarían un gol que lles daría a tranquilidade, e Mery, a centro de Canosa, fallou baixo paos ca porterira xa batida. Na seguinte xogada Isa que entrara sustituindo a Noe facía o 1-2 cun gran tiro cruzado e Carla que tamén entrara dende o banquillo apunto estaría de facer o terceiro gol visitante. 
 
Nos minutos finais as burguesas volcaríanse en ataque en busca dun gol pero a defensa do Bergantiños mostraríase moi sólida durante os minutos finais e o resultado xa non se movería.

 

Bergantiños Feminino CF :  Lara Sanchez, Rabuñal (Paula 85), Fra, Martasa, Sabrina, Lore, Canosa (Eva 80), Torrado, Noe (Isa 60), Merey, Tamy (Carla 75).
 
Goles : 1-0, María, (11¨); 1-1, Laura, (63´); 1-2, Isa, (75´).

 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies