O BERGANTIÑOS FEMININO CF CAE NA COPA E PON FIN A TEMPADA OFICIAL

COPA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA       

O Bergantiños Feminino CF deixa a Copa nun encontro de poder a poder.

Bergantiños Feminino CF 1-2 CD Narón
-O equipo carballés cae na Copa e pecha a tempada-
 
O Bergantiños Feminino CF caeu nas “Eiroas” ante o CD Narón por 1-2 na Copa da 2ª División Galega Feminina de Fútbol, e pon así fin a tempada 2018/19. A liga remata o vindeiro Domingo, pero as carballesas descansan polo que rematou para elas o periplo nesta tempada na 2ª División, pero ben e certo que lle queda por disputar a “I Copa da Costa de Fútbol Feminino”, que será ante o ED As Miúdas o 23 de Xuño. As carballesas caeron no día de onte no seu campo ante un equipo o naronés, que soubo administrar os dous goles a favor cos que se foron o descanso. Mágoa que o gol de Torrado chegase tan tarde para as carballesas, que puxeron todo o ímpetu por levantar a eliminatoria pero faltoulles definir ante a porta naronesa.

 

Bergantiños Feminino CF: Lara Sánchez, Lara Rabuñal, Paula, (Tania, 85´), Martasa, Sabrina, Torrado, Fra, Mery, Carla, (Tamara, 46´), Noe, Isa, (Lucía, 53´).

CD Narón : Martina Oliveira, Noelia, Verónica, (Céltia, 40´), Vanesa, (Laura, 31´), Marta, Andrea, Lorena, Laura, Beatríz, Martina Soto, (Ania, 63´), e Carmen.

Goles: 0-1, Vanesa, (15´); 0-2, Martina (30´de penalti); 1-2, Torrado, (87´).

Árbitro : Adrián Pérez Rellán.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-