1ª División Galega Feminina
As bergantiñana seguen en posto de promoción a pesares da derrota.
-22ª Xornada-
Tomiño FC Feminino 2-1 Bergantiños FC
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños Feminino) : “O Tomiño saíu máis enchufado que nós e os primeiros minutos foron para elas, con moito ritmo e presión alta, que non deixou ás nosas estar cómodas no campo. Mediada a primeira parte adiantáronse por medio de Tomy cun disparo lonxano. Ese gol faría reaccionar ás nosas e pouco a pouco íanse achegando con perigo á portería rival, pero sen o premio do gol. Tralo descanso o Bergan foise a polo empate e disporía de claras ocasións pero as dianteiras non estarían acertadas. O Tomiño que xa se dedicaba a defender e saír en contraataques conseguiu marcar o 2-0, novamente Tomy. A partir de aí as nosas foron descaradamente ao ataque e disporían de innumerables e clarísimas ocasións de gol pero non era o día de ver portería. López si marcou para recortar distancias, pero xa non houbo tempo para máis”.
Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Lara, Paula Sieira, Cruz, Alba, Carmen, Blanca, Sofía, e Paula Paredes. Tamén xogaron : Laura Muñíz e Gabriela.
SD Antas : Nuria, Laura, Yaiza, Melanie, Iria, Elisa, Laura, Maite, Tamara e Idoia.
Goles : 1-0, Tomy, (35´); 2-0, Tomy, (57´); 2-1, Lara, (90´).
Árbitro : Antonio Bernárdez. Expulsou polo Tomiño a Tomy con dobre cartón, (51´e 68´), e a Noa e Paula con amarelo. Polo Bergan veu cartón amarelo Carla.
Proximo encontro
O Bergantiños recibe nas Eiroas ao Victoria CF B, 5º clasificado con 42 puntos, nun duelo pola promoción, o Domingo 19 de Marzal ás 12:15 horas, (se non hai troco). Na primeira volta o equipo bergantiñista derrotou as da Coruña por 0-2, na 8ª xornada da liga 2022/23.
Clasificación
As carballesas ocupan a 4ª praza, (promoción de ascenso), a 9 do lider, Sárdoma CF “B”, 5 do segundo, CD Lugo, e 4 do terceiro, Orzán SD, xa que todos os seus predecesores gañaron os seus encontros. Por detrás ven o seu próximo rival o Victoria CF B, a 4 puntos. As carballesas marcan o derradeiro posto de promoción.
-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC
-Texto e Montaxe encontros : Xosé Búa “Pirata”
