O BERGANTIÑOS FEMININO CAE ANTE O SARDOMA, QUE SE CONVERTE EN LIDER, NUN CHOQUE NO QUE MERECEU MÁIS.

1ª División Galega Feminina

O Bergan fixo méritos para o empate.

 

Bergantiños FC 1-2 Sardoma CF “B”

Partido xogado ao mediodía que condicionou un pouco a entrada ao campo das xogadoras, nos minutos inicias con moitas imprecisións por ambas partes, no minuto 2 a saída dun corner o Sárdoma adiantábase no marcador, pero no 8 de xogo Trillo facía o empate tras aproveitar un erro defensivo das visitantes para saír co balón desde atrás, despois o xogo asentouse creando ocasións por ambas partes con Ainhoa salvando varias mans a mans. Na última xogada da primera parte outro córner facía que o Sárdoma fose ao vestiario co 1-2 favorable.

A segunda parte foi máis disputada con moito traballo físico en zonas ofensivas e defensivas que foi desgastando os equipos, xogo máis directo cara a portería buscando o gol, tendo a oportunidade máis clara para o Bergan, Paula Paredes, cun disparo desde a frontal que deu no largueiro pero o resultado non se movería.

Goles : 0-1, Ángela, (2´); 1-1, Carmen, (8´); 1-2, Sara, (45´).

 

 

Proximo encontro

O Bergantiños visita ao SD O Val, 13º clasificado con 9 puntos. O choque será o vindeiro Domingo 27 de Novembro ás 16:30 horas, (se non hai troco), no campo o “Sinde B”.

Clasificación

As carballesas caen a cuarta praza, con mesmos 22 puntos, co Sporting Cambre, (25º), e a 6 punto do Sardoma, que se convirteu en lider do campionato, tralo empate nesta xornada do Orzán SD ante o CD Lugo, (1-1).

 

 

-Foto : Departamento Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Prensa Bergantiños FC