O BERGANTIÑOS FEMININO A 1 PUNTO DO LIDER S.E. ABELLÁ TRAS DERROTAR O RACING DE FERROL, (2-0), NA 17ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA G1

O Bergantiños CF na loita por todo.

 

Bergantiños CF 2-0 Racing de Ferrol

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños CF) : O Bergantiños non cede en casa. Gran ambiente e abrigo gran partido dun Bergantiños superior de principio a fin , levando a batuta do xogo e no que só a falta de puntería privou de maior premio ao cadro rojillo. Comezaba o partido e non transcorrían máis dun minuto,cando nun pase en profundidade de Yaiza, Isa pintábase soa #ante a meta rival e esta con unha gran intervención desbarataba a clara oportunidade. Por desgraza nesta xogada a xogadora visitante alba resultaba lesionada e tiña que ser substituida, esperemos que sexa o menos posible e pronto leste no os campos. Dominaba o Bergantiños e mostra diso é que lara non realizou ningún parada nos primeiros 45 minutos. Xogábase en campo rival e tras varias ocasións erradas tras senllas xogadas de bo toque e nas que Isa, noe, vimi, Ali, non eran quen de bater á porteira visitante, chegaría yaiza no minuto 16 e tras un gran control, realiza un gran golpeo e o balón cóase na escuadra rival. Desde o gol ata o descanso, dominio e ocasións dun Bergantiños superior.
.
Comezaba a segunda metade e durante os primeiros 15 minutos chegaban os mellores minutos do racing de Ferrol que foi quen de meter no seu campo ao Bergantiños e sacudirse o asedio local, pero sen chegar a poñer en aprietos a Lara, é de encomiar a actitude e o traballo dun racing de Ferrol que non cesa na súa idea e xoga moi ben ao fútbol pero atopouse cun bo Bergantiños. Pasado o minuto 20 da segunda parte o Bergantiños espertou de novo e volveu dominar a posesión e xogar en campo rival, e chegaba despois de que vimi no 65 tras unha boa xogada e cun forte disparo raso e pegado ao pau batía á porteira rival e subía o definitivo 2-0 ao electrónico. Desde o gol ata o final pouco máis sucedeu, un Bergantiños que seguía coa posesión e con algúna ocasión pero sen materializar . Finalizaba o partido cun 2-0 a favor que lle serve ao Bergantiños para seguir na parte de arriba a un só punto do líder. A próxima semana o Bergantiños visitase ao ordes en vista alegre, o sábado ás 18 horas”.

Bergantiños CF: Lara Sánchez, Laura, Sabrina, (Eva, 75´), Tati, Torrado, Lore, Isa, (Lara, 80´), Noelia Amarelle, (Lucía, 71´), Yaiza, Ali, (Tania, 85´), e Noelia García, (Saskia, 85´).

Racing de Ferrol : Lara, Lucía, Alba, Alessandra, Martina, Sofía, Ania, Andrea, Lucía Barbeito, Leticia e Permuy. Tamén xogou : Elisabeth. 

Goles: 1-0 Yaiza, (16´); 2-0 Noelia García, (60´)

Árbitro: Jorge Calvete. Amosoulle un cartón amarelo a bergantiñana, Sabrina.

 

CLASIFICACIÓN

Con este trunfo o Bergantiños CF ocupa a 4ª praza cos mesmos 36 puntos co SD Tordoia, (3º) e o CD Narón, (2º) e a un só punto do lider SE Abellá SDEC. Deixa a 7 puntos o Racing de Ferrol, (5º), que neste encontro xogábase entrar na loita por todo, unha entidade para eso, pero que se topou cun Bergantiños CF moito mellor.

 

-Foto : Bergantiños CF
-Texto : Gueli Cotelo/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies