O BERGANTIÑOS FC VOLVEU DE MADRID CA SENSACIÓN DE HABER MERECIDO MÁIS E DE QUE LLE QUITARON ALGO.

Cano celebrando o gol do empate.

 

CD Adarve 2-1 Bergantiños FC

Non foi tan fero o lider como aparenta na clasificación con 5 puntos sobre o segundo, Pontevedra Cf e 6 sobre o terceiro SD Compostela. 

Comezou mal o equipo bergantiñista, que chegaba coa vitola de haber derrotado e eliminado ao CD Tudelano da 1ª RFEF, na Copa do Rei, e encaixou un gol as primeiras de cambio, tras un saque de curruncho mal defendido. Tan só ían 3 minutos de xogo cando o local, Gallarcometido por Parga, que Calleja mandaba por enriba do traveseiro.

Con esta xogada o equipo carballés despertou e comezou a fiañar xogo e con presión alta e ata marcou un gol antes do descanso, pero incomprensiblemente o colexiado andalúz, Camacho Garrote, anulaba o tanto por fora de xogo, de Uxío que fora o autor do gol, a todas luces legal.

Xa na segunda metade os carballeses fixéronse co encontro e conseguían empatar por medio de Cano que finalizaba no segundo pau un saque de curruncho. Non se conformaron co empate e foron a pola vitoria, pero as cousas do fútbol fan que as veces por querer gañar perdes, e chegaría o segundo dos madrileños tras un desafortunado esbarón de Blas, que deixaba o dianteiro local, Portero, só ante Canedo e non perdoaba.

Tetouno ata o final o equipo carballés, dispuxo de moitas ocasións e fixo méritos para traerse polo menos un empate, que por outra banda, todo hai que dicilo, birláronlle un gol que podía cambiar todo.

Adarve: Guille; Gallardo, Dani Ramos, Salama, Mayorga; Calleja (Iker, min. 66), Chechu Cruz (Cidoncha, min. 66); Portero (Andrei, min. 85), Channa (Montejo, min. 52), Albur; e Tellechea (Maganto, min. 66).

Bergantiños FC : Santi Canedo; Blas (Concheiro, min. 81), Brunet, Iago Parga (Cavafe, min. 60), Brais Martínez (Aarón, min. 60); Marcos Remeseiro, Carlos (Boedo, min. 60), Uzal; Yelco (Escobar, min. 73), Uxío e Cano.

Árbitro: Camacho Garrote (Comité andaluz). Expulsou con vermello direto a Diego Nogales (adestrador del Adarve) (min. 80) e a José Luis Lemos (adestrador del Bergantiños) (min. 92). Amonestou a Channa, Maganto, polos locais e a Aarón, Iago Parga e Juan Brunet, polos carballeses.

Goles: 1-0, Gallardo, (3´); 1-1, Cano, (53´); 2-1, Portero, (59´).

-Foto : captura TVG

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies