O Bergantiños FC que estreará competición na nova 2ª RFEF, trala renovación en pleno do corpo técnico con José Luis Lemos a cabeza, foron chegándonos novas de renovacións de xogadores importantes coma Pablo Agulló, Antón Concheiro, Marcos Remeseiro, Brais Pereiro, e no día de hoxe Martín Lamela. No capítulo de baixas tamén nos informa o clube carballés, a de Diego Vela, ao que lle desexan dende a entidade “A mellor das sortes e moitas grazas…O clube agradéceche todo o teu traballo e o compromiso mostrado nestas dúas tempadas que estiveches unido a #FamiliaBergan”.
6ª Campus de Tecnificación”
En 19 días comeza a 6ª edición o “Campus de Tecnificación do Bergantiños FC”, que terá duas quendas, do 28 de Xuño o 2 de Xullo e do 5 ao 9 de Xullo. Na foro tedes tida a información do campus bergantiñista.
-Fotos : Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia