O BERGANTIÑOS FC SEGUE A TRABALLAR NA PLANTILLA DO EQUIPO PARA A 2ª RFEF E HOXE FOI O TURNO DE MARTÍN LAMELAS NO EIDO DAS RENOVACIÓNS.

 

O Bergantiños FC que estreará competición na nova 2ª RFEF, trala renovación en pleno do corpo técnico con José Luis Lemos a cabeza, foron chegándonos novas de renovacións de xogadores importantes coma Pablo Agulló, Antón Concheiro, Marcos Remeseiro, Brais Pereiro, e no día de hoxe Martín Lamela. No capítulo de baixas tamén nos informa o clube carballés, a de Diego Vela, ao que lle desexan dende a entidade “A mellor das sortes e moitas grazas…O clube agradéceche todo o teu traballo e o compromiso mostrado nestas dúas tempadas que estiveches unido a #FamiliaBergan”.

 

6ª Campus de Tecnificación”

En 19 días comeza a 6ª edición o “Campus de Tecnificación do Bergantiños FC”, que terá duas quendas, do 28 de Xuño o 2 de Xullo e do 5 ao 9 de Xullo. Na foro tedes tida a información do campus bergantiñista.

 

-Fotos : Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia