O BERGANTIÑOS FC SEGUE A INCORPORAR XOGADORES, DESTA VOLTA E O META DIEGO COTELO QUE VOLTA A CASA E VAISE AGULLÓ.

 

Diego Cotelo como reforzo na portería e o adeus ao noso incombustible capitán Pablo Agulló

O Bergantiños FC informa que o xogador Pablo Agulló, ata hoxe o capitán do equipo, causará baixa para a nova temporada. O club agradécelle o seu incansable traballo, esforzo e o seu gran compromiso mostrado nos 5 anos que estivo defendendo as cores do Bergantiños. Amais desexámoslle moita sorte no seu novo proxecto e retos.

Diego Cotelo, nova incorporación

O porteiro carballés, formado nas nosas Escolas Luis Calvo Sanz e na base Bergan, volve á casa para firmar por unha tempada no club. Cotelo comezou a pasada temporada no Atlético Coruña Montañeros, rematando a competición nas filas da SD Fisterra. Tamén estivo defendendo a portería do CD Estradense e na tempada 20/21, aínda como xuvenil, no CD Conxo.

-Texto e Foto : Comunicación Bergantiños FC

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies