Once bergantiñista no “La Albuera”.
Gimnástica Segoviana 0-1 Bergantiños FC
Sacouse a espiña da derrota da pasada semana ante o colista nas Eiroas o equipo carballés, a costa dunha Gimnástica que vía como se lle escapaba un punto no derradeiro intre do choque e tras un anodino 0-0 durante os 90 minutos de xogo, intre no que Martín Lamelas mandaba ao fondo das mallas un saque de curruncho sacado por Yelco.
Con estes 3 puntos o equipo bergantiñista sitúase cuarto cos mesmos 20 puntos co segundo, Pontecedra e o terceiro, Real Avilés.
-Foto : Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia