O BERGANTIÑOS FC RENOVA A JOSÉ LUIS LEMOS PARA DARLLE CONTINUIDADE AO SEU PROXECTO.

 

Os méritos de José Luis lemos ao fronte do Bergantiños FC son innegables, habendo sido o equipo revelación da 2ª RFEF, loitando por entrar no Play-Off de ascenso ata o derradeiro día, e flirtenado toda a tempada cos primeiros postos.

Isto non caeu en saco roto e o Bergantiños FC ven de anunciarnos, que o técnico compostelán, seguirá a vindeira tempada ao fronte do primeiro equipo bergantiñista, u ano máis na 2ª RFEF.

“José Luis Lemos continuará unha temporada máis como adestrador do primeiro equipo. Por terceiro ano consecutivo Lemos seguirá ao mando nesta segunda temporada do Bergantiños en 2 RFEF, logo de chegar a un acordo co club. Seguimos a traballar neste proxecto para a nova tempada”, coméntannos dende o clube carballés que preside Chano Calvo.

-Texto : piratasdemuxia/Prensa Bergantiños FC

-Foto : Bergantiños FC

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies