O Bergantiños FC remonta no desconto ante o Móstoles, (2-1), para levarse os 3 puntos nas Eiroas.

 

Bergantiños FC 2-1 CD Móstoles

Comezaban mal as cousas para os carballeses cando o equipo visitante se poñía por diante aos 11 minutos de xogo cun tanto de Álvaro, o remate dun saque de curruncho. Buscou a igualada o equipo de Lemos e atopouna pasada a media hora de xogo, (36´), por medio de Agulló, que remataba o fondo das mallas, un saque de curruncho de maneira incontestable. Con este resultado esgotábase o primeiro periodo.

Na segunda metade moito respecto antre ambos conxuntos. Puido meterse por diante o equipo madrileño tras escaparselle un balón a Canedo, pero foi no desconto cando tras gran xogada colectiva, na que participaron os xogadores que entraran na segunda metade, Yelco, Uxío, Lamelas, Boedo e Blas, o equipo de Carballo facía o 2-1 por medio do ex deportivista, Boedo, e saltaba a euforia nas gradas das Eiroas, para sumar a primeira victoria nesta categoría do Bergantiños FC, que suma así 7 puntos.

Os carballeses visitan a vindeira semana o Leganés B, que caía nesta xornada, no outro encontro adiantado o sábado, ante o Palencia por 0-1.

Bergantiños: Santi Canedo; Cavafe, Agulló, Juan Brunet, Aarón (Uxío, min. 62); Concheiro (Uzal, min. 82), Marcos Remeseiro; Yelco (Blas, min. 82), Carlos (Boedo, min. 82), Cano; e Escobar (Lamelas, min. 62).

Móstoles: Tejero; Paco Torres, Mantovani, Álex Rodríguez, Gassama; Romera (Fran Montávez, min. 77); Portilla (Recalde, min. 90), Ledesma, Chupe (Toñín, min. 90), Irizo (Tito, min. 73); e Álvaro (Guito, min. 90).

Árbitro: Álvarez Ordóñez (Comité asturiano). Amarilla a Blas, Escobar; Irizo, Paco Torres y Romera.

Goles: 0-1, min. 11: Álvaro. 1-1, min. 37: Agulló. 2-1, min. 92: Boedo.

Os outros galegos

Unión Adarve-Arosa, ás 12:00 horas

Arenteiro-Compostela, ás 17:00 horas

Marino de Luanco-Pontevedra, ás 17:00 horas

Coruxo-Langreo, ás 17:00 horas

-Foto : Captura vídeo TVG “En Xogo”

-Texto piratasdemuxia