O BERGANTIÑOS FC QUE HOXE PRESENTA O “PROXECTO AWEN-ESCOLSA LUIS CALVO, FARÁ ENTREGA DO TROFEO A XOGADORA MÁIS REGULAR DA TEMPADA 2020/21 A YAIZA NO TRANSCURSO DO ENCONTROS DAS FÉMINAS BERGANTIÑISTAS O VINDEIRO DOMINGO 13 DE FEBREIRO..

Yaiza recibirá un galardón o seu traballo.

 

Proxecto Awen – Escolas Luis Calvo

As Escolas Luis Calvo Sanz e o Bergantiños FC informa que hoxe venres 11 de febreiro terá lugar o acto de presentación do Proxecto Awen- Escolas Luis Calvo no que estarán presentes Chano Calvo, presidente do Bergantiños FC, Jesús Capelán Responsable de Escolas Luis Calvo Sanz Matías Navarrete de ACD Awen e David Iglesias coordinador de Escolas Luis Calvo.

O convenio Awen – Escolas Luis Calvo nace co obxectivo de potenciar o traballo que se ven realizando ata o de agora nas dúas entidades. Nas Escolas Luis Calvo no fomento da práctica do deporte en xeral e do fútbol en particular, incidindo na formación no só no plano deportivo, senón tamén no desenvolvemento das nenas e nenos a nivel social, educativo e no fomento de valores deportivos. Unha filosofía que comparte ACD Awen e que vén demostrando ao longo dos catro anos dende que comezou a súa andaina en Carballo, destacando o seu gran labor a nivel social, integral e formativo.

Hora: 19:30

Lugar: Sala de prensa Estadio Municipal As Eiroas.

“Trofeo Casa Francisco” á xogadora máis regular da Tempada 20/21

O Bergantiños FC fará entrega do “Trofeo Casa Francisco” á xogadora máis regular da Tempada 20/21, Yaiza Ramos Colmenero. O acto terá lugar este domingo 13 de febreiro no Estadio Municipal de As Eiroas, ás 16:15 horas ante o SD Orzán.

A entrega do premio realizaraa a nadadora carballesa, Elisa Pichel García de Seárez, e levarase a cabo antes da disputa do partido de competición do equipo Feminino correspondente á xornada 12ª da 1ª División Galega Feminina, ante a SD Orzán, que o pasado 16 de xaneiro tivo que ser aprazado por motivo de positivos en COVID-19.

Foto e Texto : Prensa Bergantiños FC

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies