Plantilla do Bergantiños FC 2022/23.
Tal e como vos apuntamos días atrás, na tarde de onte, mércores 20 de Xullo, tiña lugar a presentación do Bergantiños FC, unha concurrida presentación no “As Eiroas”, na que afeccionados, xogadores, directivos e comitiva do Concello de Carballo, coñeceron aos xogadores que partirán un ano máis na 2ª RFEF, e así mesmo deuse a coñecer “insitu” a nova camiseta do centenario do clube, xa que foron varios os afeccionados que a conseguiron nun sorteo que se realizou antre os asistentes. En breve será presentada a todos os afeccionados.
O presidente Chano Calvo tivo verbas de agradecemento a tódolos presentes, nunha tempada na que segundo o mandatario bergantiñista : Será especial dende o primeiro día, porque comezamos a tempada do centenario”.
Chano deulle a benvida aos xogadores que forman parte este ano , “desta gran familia, e agardamos que sexa a tempada de todos”.
Tamén houbo un detalle emotivo co xogador bergantiñista, Marcos Remeseiro, ao que o presidente carballés lle fixo entrega dun agasallo polo recén nacemento do seu fillo, Marcos.
O alcalde Evencio Romero, desexoulle sorte a todos e desexou que : “O Bergantiños e o deporte de Carballo esté o máis arriba sempre”.
-Foto : Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia/Comunicación Bergantiños FC