A presentación será no As Eiroas.
O primeiro equipo do Bergantiños FC volve esta semana que vén ao traballo, iniciando así a pretemporada 22/23.
O mércores 20 de xullo, ás 20:30, celebrará no Estadio Municipal de As Eiroas a súa posta de longo para a ilusionante Tempada 22/23, unha campaña especial posto que o club estará de aniversario dos seus 100 anos de historia. Por iso o club convida a todos os socios e afeccionados “vermellos” para presenciar o acto de presentación desta plantilla do centenario do Bergantiños. Ademais, ese mesmo día todas e todos os socios que o desexen poderán renovar o seu abono para esta nova campaña para seguir facendo historia xuntos. Os carnés de socio poderanse renovar e retirar no mesmo momento, e as tarifas dos abonos manteranse as mesmas que a pasada campaña.
TARIFAS ABONO 22/23
Protector 100 €
Adulto 90 €
Pensionista 75 €
Sub 25 30 €
Sub 20 20 €
Sub 16 10 €
Ademais, para a ocasión o Bergantiños ten preparadas varias sorpresas e sorteos que se celebrarán durante o evento.
Á presentación acudirán tamén representantes do Concello de Carballo así como o noso presidente Luciano Calvo e membros da directiva do Bergantiños FC.