O BERGANTIÑOS FC PRESENTA MAÑÁN MÉRCORES A CAMISETA DO SEU CENTENARIO.

A Praza do Concello lugar elixido para a presentación.

 

O Bergantiños FC presenta a camiseta oficial do Centenario que esta Tempada 22/23 levará o primeiro equipo no seu segundo ano consecutivo na Segunda RFEF. Acto aberto e para o que están todos convidados, afeccionados, simpatizantes, veciños, etc…

Ano especial para o clube carballés que se verá reflectido no equipamento para unha campaña que se presenta ilusionante para todos e todas.

O acto terá lugar este mércores, 31 de agosto, ás 12:30 na Praza do Concello de Carballo.

Orgullosos de ser, esa é a relidade do clube de Carballo : “No ano 2023 o Bergantiños FC chegará aos seus 100 anos de historia, todo un fito para a nosaentidade así como para toda a sociedade carballesa. Cen anos desde a súa creación nos que se cultivaron grandes éxitos deportivos que non serían posibles conseguir sen todas e todos os que nos apoiaron e apoian cada día aos nosos equipos”.

-Foto : prazas.gal

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies