Bergantiños FC 0-1 Rayo Cantabria
Non comezou mal o equipo carballés, e tivo o gol ata en duas ocasións nos primeiros 15 minutos. Primeiro foi Pedrosa o que de testa veu como lla sacaba o porteiro de miragre, e despois foi Pacheco, que errou nun man a man co meta visitante.
Pouco a pouco os cántabros foron facéndose co balón, ainda que sen ocasións na primeira metade. Xa na segunda metade e a pesares dos trocos de sistema carballeses na procura do gol, foron os cántabros os que goazron de boas ocasións, fixeron un gol, (64´), e mandaron un balón o longueiro.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto e Vídeo : Prensa Bergantiños FC