O BERGANTIÑOS FC LÉVASE OS 3 PUNTOS ANTE O AROUSA SC, (2-1), NUN ENCONTRO NO QUE PUIDO PASAR DE TODO.

 

Tras esta falta chegou o 2-1 para os carballeses.

 

Bergantiños FC 2-1 Arosa SC

Estivo mellor o equipo carballés nos primeiros compases do encontro e conseguía empatar por medio de Charly pasada a media hora de xogo, (33´). Aumentou o ritmo tralo gol o equipo visitante e puxo en apuros a meta carballesa, con rápitas contras, unha delas evitaba o gol Agulló, e outra acababa co balón no traveseiro. Non se movería o marcador na primeira metade.

Xa na segunda apretaron os visitantes e o gol chegaría tras unha ocasión clara dos de Carballo para facer o 2-0. Tras un penalti reclamado polos locais sobre Antón Escobar, chegaba o gol do emapte. Alberto Martín batía a Canedo de testarazo a centro colgado dende a banda dereita, ( 59´).

De maneira tensa chegou o gol que lle daría os 3 puntos aos bergantiñistas, pois o colexiado, nun acto de pouca calidade arbitral pola sua parte, pitaba unha falta no borde do área a favor dos carballeses, e cortaba a xogada que 2 segundos despois da infracción acababa en gol. debería haber deixado acabar a xogada, o que provocou as protestas das Eiroas. Tralo saque da falta o rexeite da defensa era maxistralmente colgado o segundo pau e Antón Escobar de testa mandaba o balón o poste, o rexeite chegáballe a Cano que non erraba e poñía o 2-1 no marcador, (68´).

Foise arriba o equipo arousán e tivo un par delas para empatar, pero 2 meses despois quedaríanse os 3 puntos no feudo carballés.No treito final o colexiado Agudo Daza expulsaba por protestar o adestrador arousán, Jorge Otero, e ao seu preparador físico, Miguél Fontán.

Con esta vitoria os carballeses colócanse momentaneamente na 5ª praza con 25 puntos, e os arousáns continúan na undécima a espera dos encontros de hoxe.

 

Bergantiños FC : Canedo; Parga (Chapu, 71´), Agulló, Cavafe (Yelco, 63´); Brais Martínez, Concheiro (Remeseiro, 63´), Carlos, Uzal, Blas; Escobar (Uxío, 86´), Cano.

Arousa SC : Manu Táboas; Cotilla, Pedro García, Campillo (Fajardo, 85´), Piay; Julio Rey (Porrúa, 71´), Mon, Alberto Martín, Nuño; Luismi (Fontán, 84´), Beda.

-Foto : Captura TVG
-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies