O equipo carballés invita a sua afección a un encontro crucial.
O Bergantiños FC que está a pasar malos momentos debido a situación do equipo na táboa, neste ano tan especial do centenario do clube, pide a axuda dos afeccionados para o importante encontro deste vindeiro Domingo 26 de Febreiro nas “Eiroas”, ás 17:00 horas, ante o CD Laredo, 14º clasificado, rival direto dos carballeses na loita pola promoción. O equipo bergantilista ten potencial para estar máis arriba pero a situación na táboa fai que as cousas non salgan. Xa todos sabemos o que pasa cando se está aí abaixo, polo que fai falta máis ca nunca o alento da afección.
Os movementos do Bergantiños FC parten primeiro por que cada socio poida invitar a un amigo a ir o campo, totalmente de balde, asimesmo están invitados tódolos compñentes dos equipos da extensa canteira bergantiñista.
-Foto : Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia/Prensa Bergantiños FC