O Bergantiños FC comunica que Julián Couto incorpórase ao corpo técnico do primeiro equipo como adestrador de porteiros. Formará parte así deste novo proxecto un gran coñecedor do noso club, un dos nosos.
Como técnico, Julián (Carballo, 1992) comezou a adestrar nas nosas Escolas Luis Calvo Sanz (T. 15 – 18) e tamén no Xallas F.C. (17-20).
Como porteiro comezou a dar os seus primeiros pasos na nosas Escolas e na base Bergan. Pasou por clubes como CF Dumbría , Xallas FC, Laracha CF , SD Fisterra (T. 20/21) e por último na SD Sofán (21/22).
-Foto e Texto : Prensa Bergantiños FC