O BERGANTIÑOS FC INCORPORA O CENTRAL DE ORIXE CUBANA, CARLOS ALBERTO “CAVAFE”.

 

O Bergantiños FC informa da incorporación ao plantel de Carlos Alberto Vázquez “Cavafe”.
O defensa central de 22 anos (25/04/1999), naceu en La Habana, e vén de formarse nas categorías de base do Atlético de Madrid e do Agrupación Deportiva Alcorcón. Precisamente polo Alcorcón foi cedido na tempada 19/20 ao Unionistas de Salamanca CF e nesta pasada campaña 20/21 ao CDA Navalcarnero .

Chegou a España con tan só tres anos e converteuse no primeiro futbolista cubano que militando no exterior foi convocado coa selección do seu país.

 

O Bergan xoga mañán sábado o derradeiro amigable

-Foto e Texto : Comunicación Bergantiños FC

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies