O Bergantiños FC comunica que o xogador Iago Beceiro Pereiro incorpórase neste mercado de inverno ao noso plantel do Cen Bergantiños.
O dianteiro de 29 anos (15/03/1993), natural de A Coruña, militou esta tempada no U.D. Alzira de 2° RFEF.
O xogador, formouse nas categorías inferiores do RC Deportivo chegando a debutar con tan só 17 anos co primeiro equipo (2011) nun partido de Copa do Rei. Tamén xogou na Selección Española Sub 17, así coma nos equipos ukrainos do Karpaty e Dínamo de Kiev, así coma no Caudal Deportivo, Verín CF, SD Ponferradina, SD Laredo, SD Formentera , Ourense CF, Atlético Astorga, Navalcarnero, CD Barco, Arosa, ou Tropezón. Polo que ten unha ampla experienza a pesares da sua edade.
-Texto e Foto : Prensa Bergantiños FC