O BERGANTIÑOS FC FEMININO SEGUIRÁ A VINDEIRA TEMPADA NA 3ª FEDERACIÓN QUEDE COMO QUEDE NA CLASIFICACIÓN.

Plantilla do Bergantiños Feminino 2024/25.

 

O Bergantiños Feminino poderá usar esta sua primeira tempada na 3ª Federación G1, para que as rapazas que dirixe José Pastoriza sigan crecendo e tomándolle o pulso a esta complicada categoría. xa que non terá que vivir o que resta de tempada mirando os postos de perigo o retirarse da liga o CD Romanón. Nesta categoría tan só baixa o que queda de colista e tras resolucin da RFEF o equipo asturiano de Pola de Siero ocupará a derradeira posición e será o posto que quedará libre para o equipo que ascenda a vindeira tempada.

O Bergantiños FC Feminino que visita o vindeiro Domingo 9 de Febreiro ao Valladolid, ocupa a antepenúltima praza con 9 máis co equipo que se retira, e 10 máis co que ata o de agora era o colista, CD Parquesol, ao que lle ha de sentar esta nova moito mellor.

 

-Foto : Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies